RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Dépor sobe o ritmo na súa segunda sesión de pretemporada

Completados esta mañá os test médicos e físicos para Os Nosos entre a Cidade Deportiva e o Hospital Quirónsalud A Coruña, o cadro volveu exercitarse no campo 2 na súa segunda sesión desta pretemporada.

Este martes 8 de xullo a calor apertou e o traballo foi máis esixente tamén desde o punto de vista físico.

Os futbolistas arrincaron cunha activación.

A continuación, Antonio Hidalgo subiu o ritmo con tarefas de alta intensidade en espazos reducidos como un exercicio de posición con porterías pequenas.

Finalizado este exercicio, mentres un grupo disputaba un partido nunha metade de campo, os preparadores físicos Roberto Cabellud e Sergio Roca dirixían un traballo físico na outra metade.

Están con adestramento personalizado Jose Ángel e Arnau Comas, que se recupera dunha lesión nun ombreiro da que foi intervido cirurxicamente o pasado mes de maio cando militaba na SD Eibar.

Mañá mércores 9 de xullo os futbolistas están citados para almorzar na instalación e saltar ao campo a partir das 10:30.