RCD / NOVAS

Cara e cruz para Gaku e Montero hoxe martes en Xapón e Israel respectivamente

19/11/2019 21:20

- Foto: @jfa_samuraiblue -

Cita internacional para dous deportivistas, Gaku e Montero, hoxe martes 19 en Xapón e Israel respectivamente. O nipón disputou os 90 minutos ante Venezuela pero caeu nun choque de carácter amigable (1-4). O español non chegou a xogar no empate da sub-21 (1-1).

Vassilis Lampropoulos tivo partido onte luns con Grecia e chegou hoxe martes á Coruña.

Gaku foi titular ante Venezuela

Gaku Shibasaki estivo concentrado con Xapón para dous partidos neste mes de novembro.

Hoxe martes 19, a selección nipoa recibiu a Venezuela nun amigable que se celebrou no Panasonic Stadium da cidade de Suita.

O centrocampista branquiazul foi titular e estivo os 90 minutos nun partido no que os venezolanos foron claramente superiores: 1-4.

O pasado xoves 14, o combinado xaponés visitou a Kirguizistán no Estadio Dolen Omurzakov da capital Bishkek, en choque clasificatorio para o Mundial 2022 de Qatar e a Copa de Asia 2023 de China.

Gaku saíu de inicio e xogou os 90 minutos dun encontro que acabou con triunfo de Xapón (0-2).

Montero, no banco da sub-21 ante Israel

Francisco Javier Montero estivo convocado pola selección española sub-21 para dous partidos clasificatorios para o Campionato de Europa da categoría.

Hoxe martes 19, a selección español empatou en Israel (1-1), nun partido que se xogou no Ramat Gan National Stadium de Ramat Gan.

O defensor branquiazul non tivo ocasión de xogar nin un minuto.

O xoves 14 de novembro, España superou a Macedonia (3-0) no Estadio Municipal de Santo Domingo en Alcorcón.

Montero seguiu o partido desde o banco e tampouco chegou a saltar ao terreo de xogo.

Grecia, con Lampropoulos de suplente, superou onte a Finlandia

Vassilis Lampropoulos foi citado pola selección de Grecia para dous partidos oficiais, clasificatorios ambos para a Eurocopa 2020.

Onte luns 18, o combinado heleno superou a Finlandia (2-1) no Estadio Olímpico de Atenas con Lampropoulos no banco.

Os gregos, con este resultado sumaron 14 puntos e acaban na terceira praza do grupo J, quedando eliminados.

Grecia mediuse a Armenia o pasado venres 15 de novembro no estadio Republican Vazgen Sargsyan da capital Yerevan.

O resultado favoreceu aos gregos (0-1), con Lampropoulos no banco durante os 90 minutos.

Máis novas de: GAKU SHIBASAKI, JAVI MONTERO