RCD / NOVAS

Caranza, sede dun DéporCampus Cabreiroá por quinto verán consecutivo

26/06/2019 16:54

Caranza organizará, un ano máis, un dos DéporCampus Cabreiroá, grazas á colaboración entre o RC Deportivo, o SCDR Galicia Caranza e o concello de Ferrol.

O barrio ferrolán repite experiencia nos DéporCampus Cabreiroá por quinto verán consecutivo, despois da súa estrea en 2015. Ademais, Caranza tamén acolleu con anterioridade un dos DéporCampus de nadal.

Á presentación do DéporCampus Cabreiroá 2019 de Caranza asistiron Suso Basterrechea (concelleiro de deportes de Ferrol), Kike Soto (presidente do Galicia Caranza) e Pablo Barros, director dos DéporCampus.

Caranza será unha das sedes deste DéporCampus Cabreiroá 2019 cunha quenda, do 1 ao 5 de xullo. O Campo de Fútbol Municipal de Caranza será o escenario deste DéporCampus Cabreiroá, cuxas inscricións están abertas a nenas e nenos de entre 6 e 14 anos e poderán realizarse até o mediodía de mañá, xoves 27 de xuño.

Os DéporCampus Cabreiroá 2019 contan cun total de 15 sedes: 10 en Galicia, 1 en Cantabria e 4 fóra de España.

Podes atopar toda a información dos DéporCampus Cabreiroá en deporcampus.rcdeportivo.es/gl.