RCD / NOVAS

Carles Gil e Adrián López recibiron esta mañá a alta médica

24/11/2017 11:53

Ao finalizar o adestramento desta mañá en Abegondo, Carles Gil e Adrián López recibiron a alta médica.

Así pois, os dous futbolistas están a disposición de Cristóbal Parralo para o partido deste domingo 26 de novembro no Estadio ABANCA-RIAZOR (12:00 horas, Bein LaLiga) ante o Athletic Club, na 13ª xornada de LaLiga Santander.

Juanfran realizou hoxe co grupo a sesión de recuperación, de baixa intensidade. Están á marxe do equipo Sidnei e Bakkali, que causan baixa para o choque ante o conxunto vasco.

Podes consultar aquí o estado físico do cadro deportivista:

Máis novas de: CARLES GIL, ADRIÁN