RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Carles Gil: "Para estar arriba tes que ser moi forte en ABANCA-RIAZOR. E estámolo conseguindo"

Carles Gil foi o protagonista esta mañá na sala de prensa de Abegondo.

O atacante valenciano cre que "están a saír as cousas ben. En ABANCA-RIAZOR estamos a demostrar que somos un equipo moi forte. Fóra de casa é máis complicado sumar puntos. Non estamos a ter unha xeira tan tan boa. Pero si que é verdade que só perdemos 1 partido. Tamén o estamos facendo ben e é a liña a seguir".

Insiste en que "para estar arriba, en ABANCA-RIAZOR tes que ser moi forte, teñen que escapar moi poucos puntos. De momento estámolo conseguindo. É a liña que queremos seguir".

Sobre o partido no Estadio dos Xogos Mediterráneos de Almería do próximo luns 19 de novembro (21:00 horas, GOL e LaLiga 1|2|3 TV), "imos a un campo complicado, contra un rival que na súa casa está a facelo moi ben. Está a conseguir vitorias. Temos unha semana longa para traballar ben o partido e saber como facerlles dano".

Lembra que "a pesar de que o noso ritmo de puntos é alto, os rivais tamén conseguen chegar a esa cifra. Levamos poucos partidos, queda moita liga. O importante é fixarnos en nós, seguir a este ritmo e logo tentar que o resto de rivais directos non consigan chegar a este ritmo de puntos. De momento somos 4 ou 5 equipos aí arriba. O importante durante toda a liga é manter este ritmo de puntos".

Con Carlos Fernández xa concentrado coa selección española sub-21, móstrase partidario Carles Gil de que LaLiga 1|2|3 párese tamén polos compromisos internacionais: "É unha liga onde hai máis equipos, e por tanto xóganse máis partidos. Non é decisión miña. Está montado así. Noutras semanas tocounos perder a Didi, a Christian. Neste caso perdemos a Carlos. Afortunadamente temos un cadro o suficientemente amplo e competitiva para poder suplilo".

Preguntado pola parella de ataque que forman Carlos Fernández e Quique González, o futbolista branquiazul opina que "para os dianteiros e para un equipo é moi importante que estean de sorte; sobre todo nos momentos que o equipo non está ben ou non ten boas sensacións no campo. Saber que tes a 2 xogadores que o que tocan vai cara adentro, que están de sorte é moi importante. Tanto Carlos como Quique van máis aló dos goles. Axúdannos en moitas outras facetas".

A nivel persoal, Carles Gil asegura atoparse "ben, moi ben. Atópome con boas sensacións sobre todo a nivel muscular, que é o que máis me importa. Tentando axudar en todo o posible no campo".

Aínda que recoñece que no partido do pasado sábado, "o Oviedo tiña moi claro como contrarrestarnos e en ocasións conseguiuno. É importante outras facetas como o balón parado. Estamos a conseguir facer goles e ser fortes defensivamente. Normalmente esiximos aos equipos a levar un ritmo alto, que os últimos minutos moitas veces pésalles. E aí é onde podemos matar os partidos".

Finalmente, da LXXIII edición do Trofeo Teresa Herrera de mañá mércores 14 de novembro en ABANCA-RIAZOR ante o Athletic Club (20:45, GOL), Carles di que "sempre é bonito xogar en casa nun torneo así. E aínda encima co aliciente de que veña un equipo como o Athletic Club. Para a xente é un aliciente". "É bonito xogar contra un equipo de Primeira, histórico como o Athletic. Espero que sexa un partido bonito", engade.