RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Carles Gil traspasado á MLS

O Real Club Deportivo, a MLS e Carles Gil de Pareja Vicent chegaron a un acordo para o traspaso do futbolista ao fútbol profesional americano. Deste xeito a Major League Soccer incorporará por primeira vez a un futbolista procedente do Dépor para xogar no principal campionato estadounidense nunha operación positiva para o Club e na que ademais se reserva dereitos económicos sobre futuras operacións.

Após 54 partidos de LaLiga e Copa do Rei defendendo a camiseta do Dépor, Carles Gil inicia unha nova etapa futbolística para a que o Real Club Deportivo quere desexarlle a maior das sortes tanto no aspecto profesional como persoal.