RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Carlos cre que o Dépor "estivo á altura" e Quique quedou con "a actitude, a intensidade, as ganas"

Carlos Fernández e Quique González foron os protagonistas na zona mixta do Estadio Carlos Tartiere.

O dianteiro andaluz, que reaparecía após a súa lesión, cre que o punto é "positivo por como se deu o partido, polas esixencias que nos iamos a atopar polo rival. É un campo moi complicado. Eles elevan o nivel de intensidade todo o máis alto. Hai moitísimos duelos, moitas segundas xogadas. Estivemos á altura do partido".

Carlos Fernández pediu o apoio o vindeiro sábado ante o Rayo Majadahonda (16:00, LaLiga 1|2|3 TV) "de toda esta xente que estivo hoxe aquí e que se envorcou. Dicirlles que nós non imos deixar de loitar e que os necesitamos a eles".

Nesta liña, insiste en que "hai que loitar por eles e morrer até o final porque ninguén o merece máis que eles".

Pola súa banda, Quique González, o goleador deportivista, queda con "a actitude, a intensidade, as ganas, o competir. Ao final iso non pode faltar nunca. Logo podes estar máis ou menos acertado".

O futbolista valisoletano apunta que "hoxe ao Deportivo non se lle pode reprochar nada. Tiñamos a moita xente detrás hoxe aquí. Unha pena non poder remontar pero creo que se van orgullosos deste equipo".

Quique comentou sobre a situación na liga que "oxalá estivésemos máis arriba pero a realidade é esta. Estamos moi convencidos de que aínda é posible esas dúas primeiras prazas. Só pensar en Majadahonda, que é moi difícil. Que a xente non pense que porque sexa o Rayo Majadahonda xa temos 3 puntos. Nin moito menos. Vánnolo a pór moi difícil".