RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Carlos Fernández pide tranquilidade: "Tampouco creo que por un partido malo, que se empatou, teñan que saltar as alarmas"

Carlos Fernández, após recoller o premio ao Xogador Estrella Galicia do mes de outubro, declarou aos medios de comunicación estar "contento" polo seu recente paso pola selección española sub-21: "Foi unha experiencia bonita, uns días de adestramentos e partidos que me serviron e axudáronme a ver o nivel que hai na miña xeración en España. Contento por vivir esa experiencia. Agora a pensar na fin de semana, no partido do sábado" en ABANCA-RIAZOR ante o Club Atlético Osasuna (18:00 horas, Movistar Partidazo), da 15ª xornada en LaLiga 1|2|3.

Confesou non poder ver o encontro do Dépor en Almería do pasado luns por coincidir á mesma hora do seu partido en Francia con España, pero "xa hai que pensar no partido da fin de semana. Temos outra oportunidade de conseguir os 3 puntos, de seguir a boa serie que levamos en casa. Seguir mellorando, crecendo para preparar todo o que vén".

Non quixo por este motivo valorar o resultado, pero queda con que "se puntuou fóra de casa. Sumouse 1 punto. Dentro do que a xente fala que non foi da mellor maneira posible, nesas circunstancias tamén hai que saber xogar. Neste caso sacouse 1 punto que hai que tentar esta semana facelo bo conseguindo os 3".

O dianteiro sevillano lembra que esta categoría "é moi longa, hai moita igualdade. Cada partido fóra de casa e dentro é moi complicado. Hai que tentar conseguir os 3 puntos. A maneira tamén é importante porque somos un equipo que tentamos ter unha idea ou un estilo de xogo que todos coñecemos xa. Dentro das circunstancias do partido, a idea común é tentar sumar. Sempre que non se poida facer de 3, tentar facelo de 1".

Recoñece que "non estamos a ter o mesmo nivel dentro de ABANCA-RIAZOR que fóra. Tamén hai moitas circunstancias. Cada semana traballamos para achegarnos máis fóra de casa ao nivel que estamos a dar en ABANCA-RIAZOR. Tamén hai un rival que xoga como local, que aperta ante a súa afección, ante a súa xente".

Nesta liña, cre que "cada día estamos máis preto de ir mellorando, de ir crecendo e sobre todo de ir achegándonos a ese partido de ABANCA-RIAZOR. Tampouco creo que por un partido malo que se deu, que se empatou, teñan que saltar as alarmas ou dramatizarlo tanto como se está facendo. Non sería xusto".

A nivel persoal, a súa temporada vea marchando "ben. Aínda que hai moitísimo marxe de mellora. Se me conformo con isto só sería estancarme, equivocarme e posiblemente non mellorar, non avanzar. É bonito (en referencia ao premio ao Xogador Estrella) porque é un recoñecemento ao traballo pero non é nada que me poida distraer, nada que poida quitar a miña mente do adestramento, do Deportivo, do mellorar e do pensar na fin de semana para achegar o meu graniño de area desde onde me toque".

Do Osasuna apunta Carlos Fernández que "aínda que é pronto para decantar aos equipos que están na cabeza, o que vin gustoume. É un equipo moi intenso, que nos vai a facer un partido moi complicado, moi duro. Van tentar pór as cousas o máis difícil posible nun gran escenario".