RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Carlota proclamouse campioa do Torneo COTIF coa selección española sub-19

- Foto: COTIF -

A selección española sub-19, coa deportivista Carlota Sánchez, proclamouse campioa do Torneo Internacional de Fútbol Feminino COTIF 2019 na localidade de L'Alcudia (Valencia).

Onte xoves, na gran final ante o Villarreal CF, as españolas venceron (1-0) nun choque no que a xogadora deportivista non chegou a xogar. Esta tarde, incorpórase aos adestramentos co seu equipo, o Deportivo ABANCA B.

Na fase de grupos, o pasado mércores Carlota saíu de inicio no triunfo sobre India (2-0). A futbolista coruñesa foi relevada no minuto 36 de encontro por Asunción Martínez.

O luns 5, Carlota foi tamén titular no triunfo hispano ante Bolivia (2-0). Foi substituída por Aixa Salvador no minuto 56.

O domingo 4 ante o Villarreal CF, España impúxose (3-1) nun choque no que a atacante do Dépor ABANCA B saltou ao campo no minuto 42 en substitución de Asunción Martínez.

España arrancou o torneo o venres 2 ante Mauritania, partido que se saldou con plácida goleada a favor das españolas (0-11).

Carlota substituíu a Naroa Uriarte no minuto 48. A dianteira branquiazul anotou de penalti o gol que pechaba a conta.

Os resultados de España foron os seguintes:

Venres 2 de agosto
MAURITANIA 0 - ESPAÑA 11

Domingo 4 de agosto
ESPAÑA 3 - VILLARREAL CF 1

Luns 5 de agosto
BOLIVIA 0 - ESPAÑA 2

Mércores 7 de agosto
ESPAÑA 2 - INDIA 0

Xoves 8 de agosto
Final
ESPAÑA 1 - VILLARREAL CF 0