RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Carolina Arbeláez e Lorena Bedoya ven a súa chegada ao Dépor ABANCA como "un reto e unha responsabilidade"

Carolina Arbeláez Castaño (Medellín, Colombia, 8 de marzo de 1995) e Lorena Bedoya Durango (Bello, Colombia, 6 de outubro de 1997) pasaron recoñecemento médico esta mañá no Hospital HM Modelo da Coruña.

Nas súas primeiras declaracións aos medios de comunicación, Carolina mostrouse "moi agradecida con cada unha das persoas de acá. Recibíronnos da mellor maneira, fixéronnos sentir en casa e esperamos achegar o noso máximo potencial ao equipo".

Pola súa banda, Lorena dixo estar "feliz neste novo equipo, cidade, país. Esperamos dar o mellor de cada unha".

Considera Carolina que é "unha honra estar nun dos mellores equipos que agora vén funcionando na táboa. É unha responsabilidade enorme, porque vimos dun país que é futboleiro pero non ten unha liga tan estruturada como a española. É un reto e unha gran responsabilidade para nós". "Sei que é un reto moi difícil pero ímolo a afrontar da mellor maneira", apunta á súa vez Lorena.

Da Primera Iberdrola, comenta Carolina que "o ano pasado, en xaneiro, tiven a bonita oportunidade de estar en Valencia, coñecer o equipo do Valencia CF por unha compañeira, Natalia Gaitán, que é a capitá do equipo. O nivel é bastante competitivo. Calquera equipo acá pódeche gañar, estando de último na táboa; ou mesmo ao primeiro pódenselle roubar puntos. É un fútbol de bastante competencia".

Pola súa banda, Lorena confesou seguir a competición "por redes sociais. É unha liga moi difícil. Creceu moito a liga española".

Defínese Carolina como unha xogadora "tranquila, que sabe manter o balón nos pés. Cando non o teño son un pouco agresiva porque me gusta ter a pelota. Espero dar o noso máximo potencial. É unha nova experiencia, un novo reto para nós. Somos xogadoras novas pero vimos dalo todo na liga".