RCD / NOVAS

Cartabia e Rubén recoñecen que hai erros que puír

26/08/2017 23:20

Fede Cartabia e Rubén Martínez foron os deportivistas que compareceron na zona mixta do Estadio Ciutat de València.

O arxentino recoñeceu que "se nos puxo moi de cara pero debemos corrixir erros porque cun dous cero por diante, en Primeira División, se te desconcentras, pasa o que pasa. Rubén hoxe estivo moi ben e tivemos ocasións. Eles cun golazo metéronse no partido. Agora o parón vén ben para corrixir erros e seguir aprendendo porque somos un grupo novo".

Pola súa banda, o porteiro de Coristanco afirmou que "nos imos cun punto traballado porque só nos puideron meter en xogadas de estratexia. Necesitamos seguir puíndo detalles pero ao equipo en esforzo non se lle pode achacar nada". En canto á xogada polémica, Rubén comentou que "eu sinceramente non vexo penalti", mentres que sobre a súa destacada actuación fixo referencia a que "o ano pasado xa demostrei que teño calidade suficiente para competir e para estar aquí".

Máis novas de: RUBÉN MARTÍNEZ, CARTABIA