RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Case 1.000 deportivistas sumáronse hoxe á xente mariñeira. Lembra que tes ata o 5 de agosto para manter a túa localidade!

Xa son 8.179 os deportivistas que teñen o seu abono para a Temporada 2017-2018 tras o peche da Oficina de Atención ao Deportivista este xoves.

Na xornada de hoxe tramitáronse 825 carnés, dos cales 20 foron novas altas e 89 renovacións a través de internet.

O RC Deportivo lembra aos afeccionados que se queren unirse á xente mariñeira no mesmo lugar do Estadio ABANCA-RIAZOR que ata agora, os asentos resérvanse ata o 5 de agosto. O 7 de agosto quedarán liberados todos os asentos dos deportivistas que non renoven o seu abono.

Reserva a túa cita para a data marcada no calendario para cambios de localidade.

-Socios: cambio de localidade só con cita previa do 7 ao 9 de agosto
-Socios: cambio de localidade sen cita previa: 10 de agosto
-Novas altas: desde o 11 de agosto

Co fin de minimizar a espera na Oficina de Atención ao Deportivista, os afeccionados teñen á súa disposición o servizo de cita previa. A través da páxina citaprevia.rcdeportivo.es, calquera deportivista pode asegurarse unha hora de atención para retirar o seu abono.

Igualmente, os afeccionados poden renovar ou darse de alta (isto último só de Socio Amigo ou Nen@ Dépor) na páxina abonos.rcdeportivo.es/gl ou por teléfono, mediante o servizo de ABANCA, no número 902 434 443.

Os despachos de billetes da OAD permanecerán abertos mañá venres de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

Para calquera dúbida ou problema, os afeccionados branquiazuis poden poñerse en contacto coa OAD en atencion.deportivista@rcdeportivo.es ou no teléfono 981 259 500 extensión 1.