RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Case un centenar de Deportivistas animará ao equipo en La Planilla

Un total de 90 Deportivistas, pertencentes a 10 peñas, animarán ao equipo branquiazul no partido de mañá sábado ás 17:00 h. fronte ao CD Calahorra no campo da Planilla.

Os peñistas son membros das seguintes agrupacións: Miau Miau, Chamberí Blanquiazul, Verín-Pablo Amo, Rías Baixas, A Pilarica, Perla de Arousa, Miróbriga, Arlanzón de Burgos, El Bierzo e Llodio.

Case 19 meses despois puidéronse despachar entradas na Coruña para completar o desprazamento desde diferentes puntos do país. O último data do 23 de febreiro de 2020, cando o Deportivo visitou ao Real Zaragoza con 130 deportivistas pertencentes a 11 peñas apoiándolle desde as bancadas de La Romareda