RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Catro adestramentos no Dépor ABANCA para visitar o domingo 9 de maio ao Sevilla FC

O Deportivo ABANCA realizará desde mañá martes catro adestramentos previos á visita ao Sevilla FC do domingo 9 de maio ás 11:00 (#Vamos) na Cidade Deportiva do club andaluz, en partido correspondente á 29ª xornada na Primera Iberdrola.

Coa salvación a cinco puntos na táboa (21 puntos ten o Dépor ABANCA, penúltimo, por 26 o Real Betis, primeiro equipo que agora mesmo evitaría o descenso), o equipo branquiazul mídese a un rival da zona media da táboa que acaba de caer pola mínima (2-1) ante o Levante UD en liga e que este mércores pelexará ante o FC Barcelona por un posto nas semifinais da Copa da Raíña, nun partido que seguro que esixirá moito esforzo físico ás sevillanas.

Todas as sesións de traballo do Dépor ABANCA serán vespertinas e en Abegondo, segundo esta planificación, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas:

Martes 4 de maio
16:30 h

Mércores 5 de maio
16:30 h

Xoves 6 de maio
17:30 h

Venres 7 de maio
17:30 h

Domingo 9 de maio
11:00: Sevilla FC – Deportivo ABANCA, na Ciudad Deportiva José Ramón Cisneros