RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Catro deportivistas teñen partido coa súa selección mañá

  Catro futbolistas do Deportivo (Celso Borges, Jonathan Rodríguez, Haris Medunjanin e Ben Fisk) teñen mañana, martes 13 de outubro, partido coas súas respectivas seleccións nacionais, o último choque antes de regresar de nov

Costa Rica mídese a Estados Unidos

A selección costarriqueña, na que milita Celso Borges, medirase a Estados Unidos en New Xersei, no estadio Red Bull Area, á 18.30 hora local. O encontro é amigable.
 
O mediocentro deportivista foi titular con Costa Rica noutro amigable disputado na madrugada do pasado xoves ao venres (en España) ante Sudáfrica en San José. Venceron os africanos (0-1) e o futbolista do Dépor xogou o noventa minutos.
 
Celso Borges tivo unha das ocasións máis claras do seu equipo no minuto 87, pero o seu disparo de falta foise rozando a meta de Sudáfrica.
 
A súa chegada ao Aeroporto da Coruña está prevista para as 8.40 do xoves 15 de outubro.
 
Bosnia visita Chipre en partido clasificatorio para o Euro 2016
 
Bosnia Herzegovina, co deportivista Haris Medunjanin visita Chipre, ás 21.45 no Stadium GSP de Nicosia.
 
O pasado sábado, a selección bosníaca venceu (2-0) no Stadium Bilino Polje de Zenica a Gales, tamén en partido clasificatorio para a Eurocopa. Neste encontro Medunjanin non chegou a xogar.
 
O futbolista branquiazul ten previsto regresar á Coruña ao longo do mércores 14 de outubro.
 
Uruguai recibe a Colombia en partido oficial
 
No Estadio Centenario de Montevideo (20.00 horas), Uruguai, con Jonathan Rodríguez, recibe a Colombia en encontro clasificatorio para Rusia 2018.
 
O dianteiro deportivista non chegou a saltar ao terreo de xogo no triunfo da selección uruguaia en Bolivia (0-2) o pasado xoves, noutro partido clasificatorio para o Mundial celebrado o pasado xoves.
 
Jonathan ten previsto chegar ao Aeroporto da Coruña o xoves 15 de outubro ás 8.40 horas.
 
Canadá Sub-23 xógase o terceiro e cuarto posto do Preolímpico
 
Finalmente, Ben Fisk disputa no Rio Tinto Stadium de Salt Lake City con Canadá Sub-23 o terceiro e cuarto posto ante Estados Unidos do Torneo Preolímpico da CONCACAF. O que gañe este encontro accederá a unha repesca co subcampión do grupo suramericano, que é Colombia.
 
A selección canadense, na que foi titular o atacante fabrilista, caeu na madrugada do sábado ante México (2-0) nunha das semifinais.
 
Ben Fisk marcou un gol na primeira fase, concretamente no segundo partido ante Panamá.
 
O calendario e os resultados da Selección Canadense ata o momento neste torneo foron os seguintes:
 
Xoves 1 de outubro
Estados Unidos 3 - Canadá 1
 
Sábado 3 de outubro
Canadá 3 - Panamá 1
 
Martes 6 de outubro
Canadá 2 - Cuba 2
 
Semifinal
Sábado 10 de outubro
México 2 - Canadá 0
 
Terceiro e cuarto posto
Martes 13 de outubro
Estados Unidos - Canadá, no Rio Tinto Stadium de Salt Lake City