RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
DÉPOR ABANCA B

Sonsoles Martín, nova dianteira do Dépor ABANCA B

Sonsoles Martín Villanueva (Oviedo, 4 de xaneiro de 2007) chega para reforzar a dianteira do Dépor ABANCA B en Segunda Federación. Firma até 2027 con posibilidad de ampliación.

Formada na canteira do Real Oviedo, pasou en 2023 ao primeiro equipo do Sporting de Gijón con tan só 16 anos.

A temporada pasada (2024-25) xogou no conxunto sportinguista en Segunda Federación 23 partidos, todos eles de titular, e anotou 6 goles; mentres que na súa primeira campaña en Mareo (2023-24) participou en 30 partidos, 21 deles como titular, e anotou 9 goles sendo o referente ofensivo do seu equipo.

Sonsoles Martín é internacional española sub-17 e a súa incorporación é a terceira do Dépor ABANCA B despois da chegada de Daniela Valbuena e Sara Barreda.