RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

'Coa túa forza facemos historia. Historia que nos impulsa'. Campaña de abonos 2025-26

Deportivista

Temos ante nós unha temporada 2025-26 que podemos cualificar de ilusionante. Despois de catro temporadas en Primera RFEF e doutra xa de regreso a LaLiga Hypermotion, afrontamos o reto de seguir dando pasos cara a adiante.

As Nosas, instaladas na elite do fútbol feminino nacional, queren facer do Estadio ABANCA-RIAZOR un fortín e unha festa en cada partido.

Os nosos dous filiais, tanto o Fabril como o Dépor ABANCA B, afrontan tamén coa máxima ilusión as súas temporadas en Segunda Federación.

E por detrás ANOSACANTEIRA aperta con novos talentos que xa saben o que é vestir a camiseta da selección, caso de Kevin Sánchez, Elena Vázquez, Claudia Sande...

En todo isto é fundamental o voso apoio, o voso alento desde a bancada de ABANCA-RIAZOR.

Co abono desta temporada pódense presenciar todos os partidos do Dépor en liga e na Copa del Rey en ABANCA-RIAZOR; ademais de todos os partidos de ANOSACANTEIRA e do Dépor Genuine ben en Abegondo (até completar a bancada) ou ben no Estadio.

Ese abono permite ter desconto nas Déportiendas; participar en sorteos, experiencias e campañas especiais; e ter preferencia na compra de entradas para os partidos tanto en ABANCA-RIAZOR como fóra.

Esta temporada mantense o abono sub-25, favorecendo así a un maior número de deportivistas entre 15 e 25 anos; o abono ADN branquiazul; o de maiores de 65 anos; e finalmente o de persoas con diversidade funcional.

O voso alento suporá un valor extra para seguir alcanzando os obxectivos. Xuntos somos máis fortes.

Coa túa forza facemos historia. Historia que nos impulsa

Clica aquí para ver toda a información sobre a campaña de abonos 2025/26

Clica aquí para ver o dossier da campaña de abonos 2025/26

Clica aquí para renovar o teu abono