RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Reválida para As Nosas, "moi enchufadas" e "con ganas deste desafío" mañá domingo ás 18:30 no Estadio Alfredo Di Stéfano ante o Real Madrid CF

Despois do triunfo da pasada fin de semana en ABANCA-RIAZOR ante o Athletic Club, o Dépor ABANCA encara este domingo 21 de setembro ás 18:30 (Dazn) unha nova reválida, a visita ao Real Madrid CF en partido correspondente á 4ª xornada en Liga F.

Fran Alonso, na sala de prensa, asegurou que As Nosas están "moi enchufadas, loitando por un posto, contentas porque logramos unha vitoria ante un rival moi difícil e con moitas ganas de enfrontarnos ao Real Madrid no seu estadio".

O conxunto deportivista chega ao choque na 6ª posición con 5 puntos.

Son baixa para o encontro as lesionadas Millene e Espe Pizarro.

Xa se incorporou ao grupo "sen adestramentos modificados" Vera Martínez: "Se o consideramos oportuno, podería xogar sen límite de minutos", asegurou o técnico branquiazul.

Fran Alonso rememorou ante os medios de comunicación "os bos recordos do ano pasado (no Estadio Alfredo Di Stéfano). Puidemos sacar de alí 1 punto"; e advirte da "extrema dificultade do partido pero temos moitas ganas deste desafío".

Pola súa banda, o Real Madrid CF, que a pasada fin de semana venceu por 2-1 ao Madrid CFF, é 7º na táboa con 4 puntos.

As brancas levaron unha alegría esta semana ao clasificarse para a fase de grupos da Champions League despois de derrotar por 3-0 ao Eintracht de Frankfourt.

Ademais, o Real Madrid CF incorporou no último día de mercado á dianteira Lotte Keukelaar, procedente do Ajax de Amsterdam.

As Nosas realizaron esta mañá en Abegondo unha última sesión de adestramento. Ao concluír as convocadas desprazáronse a Madrid con esta folla de ruta:

Sábado 20 de setembro
10:15: Adestramento en Abegondo
12:30: Comida na Cidade Deportiva
13:15: Saída en autocar
19:45 (hora aproximada): Chegada ao AC Hotel San Sebastián de los Reyes

Domingo 21 de setembro
18:30: Real Madrid CF - Deportivo ABANCA, no Estadio Alfredo Di Stéfano
Ao concluír, regreso en autocar á Coruña

O Dépor ABANCA adestrarase de novo en Abegondo o mércores 24 de setembro a partir das 10:30 horas.