RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Novo adestramento para Os Nosos este sábado para "seguir na mesma liña, coa mesma ambición"

Os Nosos regresaron este sábado 20 de setembro a Abegondo despois do triunfo de onte venres en ABANCA-RIAZOR ante a SD Huesca.

Miguel Loureiro, na zona mixta, insistiu en "seguir na mesma liña, coa mesma ambición e seguir traballando para conseguir os 3 puntos a próxima semana", neste caso o sábado 27 de setembro ás 18:30  (Liga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible tamén en DIGI TV e outras plataformas) en Ipurúa ante a SD Eibar.

O defensor deportivista, que esta mañá estivo co grupo de futbolistas, os titulares onte, que tiveron xornada de recuperación, cre importante para lograr os obxectivos "ser fortes aquí en casa. É unha gozada xogar en ABANCA-RIAZOR".

Precisamente os que ante a SD Huesca non actuaron de inicio tiveron unha sesión de alta intensidade, cunha tarefa de posición con porterías pequenas, finalizacións e fútbol reducido.

Jose Ángel fai tarefas co grupo mentres que Jose Gragera está con adestramento personalizado.

Os representantes de ANOSACANTEIRA foron esta mañá os fabrilistas Mario Hermo e David Domínguez Martínez (Cambre, A Coruña, 25 de xuño de 2005). Este dianteiro centro (na foto principal da noticia), formado en Abegondo desde o primeiro equipo benxamín, viu cumprido así un dos soños de todo canteirán, o poder adestrarse co primeiro equipo. Até a data, Domínguez, que a pasada temporada estivo cedido no Betanzos CF de Tercera Federación, participou nos dous partidos do Fabril en Segunda Federación esta campaña.

Os Nosos regresarán aos adestramentos o martes 23 de setembro a partir das 10:30 en Abegondo.