RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Primeira sesión do Dépor deste xoves co balón como protagonista

O Dépor completou esta mañá a primeira das dúas sesións de traballo previstas para este xoves 10 de xullo.

O balón foi o protagonista da mañá, que arrincou nunha activación e un circuíto de forza con finalizacións.

Após uns rondos, os futbolistas dividíronse en dous grupos para cada metade de campo. Nunha, Antonio Hidalgo dirixiu un exercicio táctico. Na outra metade, o outro grupo de futbolistas completaba unha tarefa ofensiva.

Estiveron con traballo personalizado Pablo Vázquez, Jose Ángel e Arnau Comas.

Esta tarde, Os Nosos regresan a Abegondo a partir das 18:00 horas.