RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Antonio Hidalgo apunta que ABANCA-RIAZOR foi "un espectáculo como empuxou desde o primeiro momento"

Antonio Hidalgo manifestou na sala de prensa estar "incriblemente contento polo vivido hoxe (por onte) en ABANCA-RIAZOR".

O técnico deportivista cualifica o choque copeiro ante o RCD Mallorca como "a miña primeira gran noite aquí".

Asegura que ABANCA-RIAZOR foi "un espectáculo como empuxou desde o primeiro momento".

Destaca do encontro a segunda parte do Dépor: "Estivemos moi ben. Modificamos algunhas situacións na mediaparte e atopámonos máis cómodos con balón".

Insiste en subliñar o papel de ABANCA-RIAZOR: "Empuxou desde o primeiro minuto, gozou. Eu gocei moitísimo. Estou moi contento polos rapaces porque en 6, 7 días pasamos emocións doutro tipo".

Finalmente apunta que o pase "reforza o traballo e estou moi contento por eles".