RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Catro sesións de traballo desde mañá martes para preparar a visita ao Estremadura UD

O Deportivo comeza mañá martes 12 de novembro a preparar a seguinte cita ligueira, a visita ao Extremadura UD prevista para o sábado 16 ás 16:00 horas no Estadio Francisco de la Hera de Almendralejo (Movistar LaLiga).

Luis César dispuxo 4 sesións, todas elas matinais e en Abegondo. O técnico deportivista non poderá contar xa cos internacionais Gaku e Lampropoulos, concentrados coas súas respectivas seleccións nacionais.

Como sempre que hai actividade na Cidade Deportiva, cadro e corpo técnico reúnense para almorzar e comer nas instalacións habilitadas para tal fin.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Martes 12 de novembro
11:00: Adestramento en Abegondo

Mércores 13 de novembro
11:00: Adestramento en Abegondo

Xoves 14 de novembro
11:00: Adestramento en Abegondo

Venres 15 de novembro
10:00 (pendente de confirmación): Adestramento en Abegondo

Sábado 16 de novembro
16:00: UD Extremadura - Deportivo, no Estadio Francisco de la Hera