RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Celso Borges pechou con derrota nun amigable a concentración de Costa Rica en Estados Unidos

- Foto: @USMNT -

Para pechar a concentración deste mes de xuño, Costa Rica, con Celso Borges nas súas filas, xogou un amigable ante Estados Unidos onte mércores 9 de xuño (madrugada xa en España) no Rio Tinto Stadium (Salt Lake City).

O triunfo foi para os norteamericanos (4-0), que acaban de adxudicarse a Concacaf Nations League. Celso Borges arrancou no banco un choque que se puxo costa arriba para os 'ticos' xa aos 7 minutos, co primeiro gol de Estados Unidos. O futbolista branquiazul saltou ao céspede no descanso, en substitución de Bernald Alfaro.

Na anteriormente citada Concacaf Nations League, Costa Rica acabou en cuarta posición, a pesar de non perder ningún dos dous partidos. Tanto na semifinal como na final, Celso Borges si foi titular. Ambos os encontros disputáronse no Mile High Stadium en Denver.

Na semifinal fronte a México, o mediocentro deportivista foi relevado no minuto 82 por Bernald Alfaro. O partido finalizou con igualada sen goles e na quenda de penaltis estiveron máis atinados os mexicanos (4-5).

Na final de consolación fronte a Honduras, o tempo regulamentario acabou en empate (2-2) e, do mesmo xeito que sucedese na semifinal, na quenda de penaltis a fortuna deu as costas aos 'ticos' (4-5). Celso Borges xogou 56 minutos e foi substituído por Allan Cruz.

Despois desta concentración, a próxima cita de Costa Rica será o mes de xullo coa Copa de Ouro da Concacaf, a partir do 12 de xullo no Exploria Stadium de Orlando.