RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Celso Borges: "Sempre se pode mellorar. Queremos mellorar e a base de traballo conseguirémolo"

Celso Borges pasouse pola sala de prensa de ABANCA-RIAZOR ao concluír o choque ante o Racing de Ferrol.

O hoxe en ABANCA-RIAZOR capitán branquiazul considera que o Deportivo estivo "mellor que noutros partidos. Esta vez logramos controlar o xogo fóra dos últimos minutos, como é normal cando estás a defender un resultado. Métenche moita xente por diante, sufrimos un pouquiño pero moi orgulloso da actitude do equipo".

Opina que na primeira parte "xuntámonos máis ao redor do balón en diferentes alturas; e iso permitiríanos ir avanzando, ir rompendo as liñas mediante condución ou pase. A partir de aí puidemos elaborar un pouco máis o xogo. Despois é normal que nalgún parado que eles teñen, métenche todos aí e tes que defender un pouco. Non hai ningunha vergoña en defender un resultado".

Fai balance até agora do que vai de liga "a partir dos puntos. Creo que o equipo estivo ben porque logramos ir sumando. Agora atopámonos nunha posición na que nos atopamos líderes e que temos que loitar moito para manternos aí".

Así pois, o internacional deportivista fai unha valoración até a data "positiva. Sempre se pode mellorar. Queremos mellorar e a base de traballo conseguirémolo".