RCD / NOVAS

Celso Borges xoga mañá venres con Costa Rica ante Qatar

12/11/2020 11:55

- Foto: @fedefutbolcrc -

Celso Borges ten compromiso mañá venres 13 de novembro coa selección do seu país, Costa Rica. Será ás 18:00 horas fronte a Qatar no estadio Hartberg de Viena (Austria).

O segundo encontro amigable para o mediocentro deportivista terá lugar o luns 16 (20:45) fronte ao País Vasco no estadio de Ipurúa de Eibar.

A pesar desta citación internacional, o centrocampista branquiazul non se perderá ningún partido co Dépor debido a que coincide con parón ligueiro no subgrupo A do grupo 1º de Segunda División B.

Celso Borges ten previsto regresar o martes 17 ao mediodía á Coruña.

Máis novas de: BORGES