RCD / NOVAS

Chega a 'semana grande' da pretemporada

31/07/2017 13:10

O Deportivo encara a 'semana grande' da pretemporada, que culminará coa celebración da 72ª edición do Trofeo Teresa Herrera, no Estadio ABANCA-RIAZOR este sábado 5 de agosto (20:30 horas) ante o West Bromwich Albion inglés.

Para preparar este encontro, Pepe Mel disporá de cinco adestramentos, un deles o mesmo sábado; e un amigable, o décimo desta pretemporada, esta vez no Carlos Tartiere de Oviedo, o xoves 3 de agosto (20:30 horas).

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Martes 1 de agosto
10:00: Adestramento en Abegondo
19:00: Adestramento en Abegondo

Mércores 2 de agosto
10:00: Adestramento en Abegondo

Xoves 3 de agosto
20:30: Oviedo - Deportivo, no Carlos Tartiere

Venres 4 de agosto
11:00: Adestramento en Abegondo

Sábado 5 de agosto
10:00: Adestramento en Abegondo
20:30: Deportivo - West Bromwich Albion, no Estadio ABANCA-RIAZOR