RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Choque de poder a poder entre Victoria CF A e Benxamín A, con final feliz deportivista: 4-5

Victoria CF A e Benxamín A protagonizaron (4-5) un choque de poder a poder, correspondente á 4ª xornada na Liga Comarcal.

O triunfo, que puido ser para calquera dos dous equipos, caeu ao lado branquiazul grazas aos goles de Raúl -2-, Iago Varela, Iago Lameiro e Hugo.

Con este marcador, o Benxamín A mantense no alto da táboa con 12 puntos de 12 posibles.

Benxamín A: Lucas López, Javi, Lucas Vázquez, Hugo, Pablo Vara, Iago Varela, Raúl e Rodri. Tamén xogaron: Martín Fernández, José Quiroga, Pablo Somoza, Iago Lameiro e Martín Forján.

A próxima fin de semana, o Benxamín A pecha o ano 2019 ante o San Tirso SD A.

Os resultados do Benxamín A na Liga Comarcal até a data son os seguintes:

Benxamín A 11 (Raúl -2-, José Quiroga -2-, Javi, Hugo, Iago Lameiro, Pablo Somoza, Pablo Vara, Rodrigo e Martín Forján) - Outes CF 0
Olímpico CF A 0 - Benxamín A 6 (Pablo Somoza -2-, Hugo -2-, Pablo Vara e Martín Forján)
Benxamín A 12 (Pablo Somoza -3-, Iago Lameiro -3-, Raúl -2-, Rodrigo -2-, José Quiroga e Martín Forján) - Betanzos CF 0
Victoria CF A 4 - Benxamín A 5 (Raúl -2-, Iago Varela, Iago Lameiro e Hugo)