RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Christian e Quique González personifican a felicidade do vestiario

Os goleadores branquiazuis ante o Nàstic, Christian Santos e Quique González, atenderon aos medios de comunicación na zona mixta do Nou Estadi de Tarragona.

O internacional venezolano, que sentenciou o choque nada máis saltar ao céspede co seu tanto, o terceiro do Dépor no marcador, confesou estar "feliz de poder aproveitar os minutos e tamén feliz pola vitoria".

Ademais resaltou no seu gol o "moi bo centro de Saúl. Sábese que Saúl as pon ben. Estiven aí, puiden aproveitar e feliz".

Christian está convencido de que "cada partido que pase imos ver un Dépor máis sólido, máis solto na ofensiva, na maneira de xogar. Estamos a empezar. Vai mellorar todo".

Pola súa banda, Quique González, bigoleador esta noite, advirte que "non me conformo con isto. Quique quere seguir crecendo para axudar ao Deportivo a sumar de 3 en 3. Isto é unha cousa de todos. Para metelos, teño que recibir pases, teño que ter xogo que chegue arriba".

O dianteiro valisoletano dixo, do mesmo xeito que Christian, sentirse "feliz non polos 2 goles. Sobre todo por gañar aquí en Tarragona, fóra de casa. A liña a seguir é esta".

Recalcou a capacidade de reacción do Dépor ante un rival que "aperta, que en casa cho vai a poñer difícil como calquera equipo. Xa se viu no primeiro tempo. Puxémonos por detrás, ese gol foi importante antes do descanso. No segundo tempo seguimos fieis ao noso estilo e fixemos 2 goles máis".