RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Christian Santos: "A maneira como pensa o míster de xogar é ideal, pero o fin é como o executamos. E aí cústanos un pouco"

Christian Santos, autor da asistencia de gol o pasado sábado en Fuenlabrada, pasou pola sala de prensa de Abegondo.

O dianteiro venezolano sostén que "a maneira como pensa o míster de xogar véxoa ideal. Pero o fin é como o executamos e aí aínda nos custa un pouco".

É consciente de que "cando as cousas non van ben, póñense rápido todos a criticar ou se desesperan. Pero hai que ter paciencia. Sobre todo nesta situación pídolles que traten de apoiarnos, aínda que sexa difícil. Por aí debe ser o camiño, tratando de apoiarnos a nós, ao adestrador, a todos. Aos poucos se imos facendo as cousas mellor e veñen os resultados, virán tempos mellores".

Do partido ante o Elche CF do próximo domingo 10 de novembro en ABANCA-RIAZOR (12:00 horas, Movistar LaLiga), Christian Santos coincide con Borja Galán e tamén aprecia que "estamos a progresar, encaixamos menos goles. Hai que coller confianza, tratar de empezar a xogar, de atreverse pero con cabeza, en conxunto, asociarse ben".

Tamén ve un bo ambiente no vestiario: "Levámonos todos bastante ben. É unha competición sa".

A nivel persoal, di sentirse "ben, pero un pouco mosqueado" pola súa participación. "O pouco que xoguei puiden achegar. A única vitoria que tivemos foi un gol meu", engade.

A pesar diso, non se arrepinte de quedar no Dépor: "A decisión foi boa porque penso que teño un posto no once titular pero por algunha razón non. Eu trato de facelo mellor, achegar o mellor de min e o resto non está na miña decisión".

Desexa dar "a miña mellor versión e xogar máis. Non está nas miñas mans. Tento facelo mellor nos adestramentos. Depende do adestrador e non de min".