RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Christian Santos, novo xogador do Deportivo

Christian Robert Santos Freire (Puerto Ordaz, Venezuela, 24 de marzo de 1988) convértese, pendente de recoñecemento médico, en novo xogador do Deportivo para as dúas próximas temporadas, con opción dunha terceira campaña de branquiazul.

Despois de finalizar a súa vinculación co Deportivo Alavés, o dianteiro internacional venezolano criado e formado en Alemaña, chega á Coruña após militar no SV Lippstadt 08 Jugend e Arminia Bielefeld alemáns, KAS Eupen e Waasland-Beveren belgas e NEC Nimega holandés.

Nos case 300 partidos disputados ao longo da súa carreira, anotou 113 goles e deu 27 asistencias. Deles, a súa experiencia en LaLiga son 39 partidos, 8 goles e 1 asistencia.