RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Clarence Seedorf non continuará á fronte do Deportivo a próxima temporada

A dirección deportiva do Real Club Deportivo, de acordo con Clarence Seedorf, comunica que o adestrador holandés non continuará á fronte do primeiro cadro branquiazul a próxima temporada, polo que a vinculación entre o técnico e o Club finalizará co vencimiento do contrato asinado por ambas as partes o próximo 30 de xuño de 2018.

O presidente, Tino Fernández, trasladou persoalmente a Clarence Seedorf que "foi un verdadeiro pracer traballar cun profesional deste nivel, con capacidades para dirixir equipos de Primeira División pero que para afrontar o novo reto do Deportivo vaise a buscar un perfil de adestrador que achegue ademais experiencia e coñecemento da Segunda División española"

Pola súa banda, Clarence Seedorf trasladou ao presidente que "foi unha honra defender as cores dun Club histórico como o Deportivo e agradezo ao presidente e a todo o equipo profesional do Dépor o traballo e dispoñibilidade durante estes meses". Tamén quixo dar "as grazas á afección por apoiarnos e axudarnos a ser competitivos até o final, todos merecedes ver ao Deportivo novamente en Primeira División canto antes”.

O Real Club Deportivo quere agradecer moi sinceramente a Clarence Seedorf a súa aposta polo Dépor para afrontar o tramo final da competición nesta Temporada 2017-2018 e toda a dedicación, o traballo e esforzo realizados durante estes meses na Coruña tanto por el como por todo o seu equipo técnico. Tamén quere desexarlle a maior das sortes no seu futuro profesional e persoal.