RCD / NOVAS

Clarence Seedorf, novo adestrador do Real Club Deportivo

05/02/2018 18:15

O técnico holandés Clarence Clyde Seedorf (Paramaribo, Surinam, 1 de abril de 1976) converteuse esta tarde en novo adestrador do Real Club Deportivo para o que resta de temporada. Seedorf será presentado esta tarde ás 20:15 horas na sala de prensa do Estadio Abanca-Riazor.

Após unha brillante carreira como futbolista en Ajax, Sampdoria, Inter, Real Madrid, Milan e Botafogo, con case 900 partidos e 5 Ligas de Campións con Ajax, Real Madrid e Milan, iniciou a súa andaina como técnico dirixindo aos Rossoneri en 2014, 22 partidos. Antes da súa chegada á Coruña tamén adestrou ao Shenzhen chinés en 14 choques.

Clarence Seedorf chega acompañado do técnico Valerio Fiori.

Máis novas de: SEEDORF