RCD / NOVAS

"Comunicación, estar metidos, intensidade e apoiarnos o máximo posible", receita de David Simón

13/06/2020 14:15

David Simón pasouse este mediodía pola sala de prensa de Abegondo, a pouco máis de 24 horas do reinicio de LaLiga SmartBank, en ABANCA-RIAZOR ante o Sporting de Gijón mañá domingo 14 de xuño (17:00 horas, GOL).

Estas foron algunhas das súas frases.

Espiña cravada despois dunha temporada díficil

"É un ano moi atípico para min coa lesión, operación. Antes da corentena déranme o alta e xusto chegou ese parón. Pero tómomo polo lado positivo. Veume ben mesmo a corentena: o corpo descansou, outra mentalidade; coma se empezase unha temporada nova. Teño a oportunidade de volver xogar, de poder gozar do fútbol".

Ansiedade especial ante o arranque

"Levo tempo sen xogar, é verdade. O equipo pasou por moitas fases complicadas e un desde fóra apoiando. Tamén unha batalla contra min mesmo por esta lesión tan fodida que tiven. Máis que ansia teño ganas de gozar, de traballar, de axudar ao equipo. Sempre hai ese nerviosismo porque isto é unha incerteza pero con ganas de axudar ao equipo e de gozar este mes e medio".

Tensión nos partidos sen público

"Para todos é diferente isto de estar sen público. Vimos estes días na televisión que se escoitan os xogadores e o adestrador. A actitude que temos que tomar é estar centrados todo o partido, comunicarnos moito, falar entre nós e meterlle intensidade. É diferente, é o que toca. Creo que o equipo está preparado. Hai que a ir a por todas que non estamos nunha situación na clasificación boa aínda. Vin esta semana ao equipo moi metido".

Nota de 0 a 10 de preparación do Dépor

"Vin á xente bastante ben nos entrenos físicos e nos tácticos. Vin a xogadores que creceron moito após este parón. Agora queda que o que traballamos aquí trasladémolo aos partidos. Vexo á xente con moita ilusión, con moitas ganas".

Norma dos 5 cambios

"Hai moita carga de partidos en pouco tempo e haberá que rotar. Xa non só cos cinco cambios, as aliñacións poden ser diferentes. Para os adestradores, os cinco cambios pode ser unha alegría porque podes cambiar de esquema... Van ser xornadas intensas, cada 72 horas, e vai facer falta gastar todos os cambios. Tanto para o míster como para o resto de adestradores vénlle fenomenal".

ABANCA-RIAZOR baleiro

"A afección demostrou que é unha gran afección, que nestes malos momentos encheu o estadio e axudounos moito para conseguir ese refacho de vitorias que tivemos antes da corentena. Vaise a notar (a ausencia de público) porque ABANCA-RIAZOR é un estadio onde a xente apoia moito. Pero hai que adaptarse. A todos os equipos vaille a afectar. Temos que esquecernos. Estivemos estas seis semanas preparándonos para iso. Xa o sabiamos. O equipo está concienciado e como dixen antes moita comunicación, estar metidos, intensidade e nos momentos malos apoiarnos o máximo posible".

Sporting de Gijón

"Traballamos para nós mesmos, estar ben, a tope. Non sabemos o que vai facer o rival, si o que podes intuír. Para iso está o corpo técnico. Pero isto empeza de cero. Hai que preocuparnos máis por nós mesmos que polo rival".

Sensacións ante o inicio

"Despois desa incerteza que pasamos sobre se se ía a iniciar a liga, o que pasamos en España e no mundo, un ten ganas facer o que lle gusta, de que a pelota rode. É todo novo. É unha temporada de 11 partidos. Sempre está ese nerviosismo pero son nervios bos de volver gozar do fútbol, de ganas de traballar ao máximo e de axudar ao equipo a conseguir os seus obxectivos". 

Premio regresar á lista

"Agora non teño molestias, atópome moi ben, feliz. Por agora estou a render ben, atópome ben. Se loitas até o final a escuridade vai desaparecendo e todo se vai vendo máis claro. Oxalá poida axudar ao equipo, que o míster confíe en min. Estas seis semanas traballei ben, demostrei que podo axudar ao equipo. Para iso estamos, para axudar, para conseguir os obxectivos deste equipo, esta cidade, esta afección. E traballar para min, que me toca gozar e conseguir os meus obxectivos".

Máis novas de: DAVID SIMÓN