RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

"Conseguir que xogadores novos participen e dean rendemento a min como adestrador éncheme de orgullo", confesa Borja Jiménez

Antes de analizar a visita ao Racing de Ferrol de mañá sábado 4 de decembro ás 19:00 horas na Malata, Borja Jiménez vaticina ante CA Osasuna en Copa do Rei o xoves 16 de decembro (21:00 horas, Dazn) un partido "especial para todos. Cata (José Antonio Castro) e Braulio (Vázquez, Director Deportivo) son de aquí. Será un partido especial tamén para eles. Non me puxen a analizar nada. Coñezo ao míster. Jagoba (Arrasate) é un tío excepcional e moi bo adestrador. Prepararémolo despois do Valladolid Promesas. Até entón non podo facer ningunha valoración. Si que é un equipo ao que vexo porque teño amigos alí, téñolle agarimo, pero non me puxen a pensar o que o que pode ser. Pasamos a eliminatoria, sabiamos que nos ía a tocar unha Primeira División e que goce #ANOSAFORZA. Nós tentar gañar como sempre".

Após a vitoria do pasado mércores ante o UCAM Murcia CF, o adestrador branquiazul sostén que "a Copa permite a xogadores que non estaban a participar volver demostrar que son válidos. Vimos a máis xogadores cun nivel moi alto. Vénlles moi ben a eles para mostrar o seu o seu estado de forma, para volver retomar en con moita confianza os entrenos e a nós para saber que están aí, que poden facelo ben en calquera momento. É unha competición positiva nese aspecto".

Neste sentido, pide cautela despois da notable actuación de varios xogadores na Condomina: "Non me sorprende o nivel de Trilli, de Noel, de Yeremay, Mario Soriano, Rafa de Vicente, Josep Calavera, os centrais... de todos os que participaron. Non me sorprende porque estamos con eles no día a día. Hai que ser moi cautos, ter paciencia. Non se se a palabra é paciencia, pero hai que ter os pés no chan porque non é fácil o proceso dun xogador que poida facelo aí. A min persoalmente como adestrador poder apostar por eles no verán e que agora estean a dar rendemento é que algo estamos a facer ben. Dentro dese proceso de formación, conseguir que xogadores novos participen e dean rendemento a min persoalmente como adestrador éncheme de orgullo; así que hai que seguir tentando que sexan mellores xogadores e que sigan aprendendo. Non é fácil ser futbolista".

Do Racing de Ferrol comenta que "é un equipo que intúo que a principio de verán o seu obxectivo, pois é un Club con moito nome, é querer estar arriba, que fixo un equipo para estar arriba, pelexando por todo, por nome de xogadores, por cadro... Ímonos a atopar un equipo moi sólido coas liñas moi xuntiñas, con xente arriba de moito talento: Dani Nieto, se xoga Heber ou Alayeto, Joselu, David Rodríguez... xogadores determinantes de tres cuartos de campo cara a adiante. Está aí, está metido na pomada como outros moitos equipos. Haberá que ver que nos depara, a ver como chegamos de forzas e sobre todo convencidos de que o noso obxectivo é gañar".

Admite que na Malata, os ferroláns "podían cultivar algún punto máis. É certo que se enfrontaron a Badaxoz, a Real Racing Club, a UD Logroñés. Tivo rivais complicados. Non creo que sexa un equipo que se mostre diferente o que fai fóra de casa ao que fai en casa ou polo menos así o vimos nós. Sabe moi ben o que fai, asume poucos riscos, leva a pelota moi rápido á última liña, ten grandes rematadores, xente moi habilidosa por fóra con bo pé para centrar, laterais con chegada... Un equipo moi ben armado que ten moi claro ao que ao que xoga. Imos tentar levar a batuta ou que o partido vaia ao que a nós máis nos convén e tentar sacar os tres puntos".