RCD / NOVAS

Cris xogará por terceira temporada consecutiva no Deportivo ABANCA

25/06/2018 12:38

Cris Martínez, defensa do Deportivo ABANCA, renovou a súa ficha co Club, polo que cumprirá a súa terceira campaña vestindo de branquiazul.

Cris é unha das futbolistas que formaron parte do primeiro cadro do Dépor ABANCA, na Temporada 2016-2017. A xogadora leonesa chegou procedente do Atlético Astorga. Nas dúas temporadas precedentes xogou 36 partidos en Segunda División Nacional, anotando 2 goles.

A futbolista astorgana, malia estar apartada do equipo por lesión durante tres meses no curso 2016-2017, foi a lateral dereita máis utilizada por Manu Sánchez nestas dúas campañas.