RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Cristóbal: "Fixemos méritos para non irnos de baleiro"

Cristóbal Parralo manifestou na sala de prensa do Estadio de la Cerámica estar "satisfeito" co empate "tal e como se puxo o partido". "O resultado é xusto. Fixemos méritos para non irnos de baleiro", matizou.

Comenta que "na primeira media hora estivemos bastante ben. A raíz do gol deles si é certo que estivemos un pouco dubitativos e custounos reaccionar. Na segunda parte eles saíron moi fortes, o partido tíñano controlado. Tivemos que facer cambios para tentar que se abrise un pouco o partido e ter posibilidades de poder empatar".

O técnico deportivista lembrou que o Dépor visitou hoxe "un campo difícil ante un rival difícil. O que hai que tentar é cambiar a dinámica que traemos, buscar esa regularidade para poder saír desa zona de perigo".

A pesar de perder a xogadores con moitos minutos de xogo ben por lesión ou ben por sanción como Lucas, Fede Valverde ou Schär, Cristóbal subliña que "temos un cadro que para iso está. Cando haxa baixas desenvolver o traballo igual que o que xoga normalmente. Estou moi contento coa entrega e o sacrificio que tivo o equipo. Vimos buscando que o equipo compita e hoxe competiu".