RCD / NOVAS

Cristóbal, Manjarín e Luis Fandiño, novos responsables do primeiro equipo

24/10/2017 19:25

Co nomeamento de Cristóbal Parralo como técnico do Deportivo, tamén se produce a chegada ao organigrama do equipo deportivista de Javier Manjarín como segundo adestrador e Luís Fandiño como preparador físico que, xunto a Julio Hernando, encargarase desta parcela da preparación.

Os próximos adestramentos do RC Deportivo Fabril, e á espera da configuración definitiva da organigrama deportivo do filial branquiazul e outros equipos de #anosacanteira que se poidan ver afectados por estes movementos, dirixiraos Manuel Pablo xunto a Rubén Coméndez, adestrador do Xuvenil A.

Máis novas de: CRISTÓBAL