RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Cristóbal Parralo non pon 'peros' ao marcador final

Cristóbal Parralo manifestou na sala de prensa do Camp Nou que o FC Barcelona "foi superior a nós en todos os rexistros. Só cabe felicitar ao rival".

Admite o técnico deportivista que "a derrota foi ampla e podía ser máis, porque o Barcelona xerou moitas ocasións".

Apunta sobre o partido do Dépor que "tivemos moitas perdas que supuxeron transicións deles, que nos pillaron saíndo. Cometemos moitos erros, saques de banda que demos ao contrario... Asumo a responsabilidade, non estivemos ben".

Concluíu Cristóbal a súa comparecencia ante os medios de comunicación subliñando que "o que temos que facer agora é levantarnos, seguir traballando e preparar da mellor maneira o seguinte partido", #ONOSODERBI ante o Celta no Estadio ABANCA-RIAZOR, o sábado 23 de decembro ás 18:30 (Gol).