RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Cristóbal: "Se queremos gañar partidos temos que ser moi sólidos en defensa"

Cristóbal Parralo recoñeceu na sala de prensa da Rosaleda, nada máis concluír o partido ante o Málaga, que "houbo momentos do partido que perdemos a organización".

O técnico deportivista asegura que "doenos moito encaixar tres goles, marcar dous goles fóra de casa e non sacar nada positivo. Está claro que se queremos gañar partidos temos que ser moi sólidos en defensa. E logo non ter esas lagoas durante o partido, non desorganizarnos".

Cre Cristóbal que "aínda temos que traballar moito. Hai cousas que facemos mellor e outras nos custa. A única maneira é seguir traballando. Hai que pensar no seguinte partido e corrixir esas cousas que non nos gustaron".