RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Damos a benvida a 2.400 novos accionistas con 2.400 entradas a prezo reducido para o Dépor-Betis

O Real Club Deportivo quere dar a benvida, e as grazas pola súa achega ao Club, aos aproximadamente 2.400 novos accionistas que subscribiron accións durante a ampliación de capital pechada onte. Por iso, poranse á venda 2.400 entradas a 10 euros cada unha para o partido do venres fronte ao Betis no Estadio de Riazor (20:45 horas).

Estas entradas están a disposición dos máis de 25.000 accionistas do Deportivo na Oficina de Atención ao Deportivista do Estadio de Riazor o mércores 1 de 16:30 a 19:00 h. o xoves 2 de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 h. O venres, día do partido, poderán retirarse desde as 11:00 e ata o comezo do choque nos despachos de billetes do Pazo dos Deportes de Riazor.

Para retiralas, o accionista simplemente deberá mostrar no momento da compra o seu carné de propietario do Dépor (máximo 4 entradas por carné). En caso de non dispoñer aínda do carné de accionista, é unha boa ocasión para retiralo. Mostrando o DNI, entregaránselle as entradas solicitadas e o carné de dono do Club.