RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Dani Barcia amplía a súa vinculación co Dépor até 2024

Dani Barcia Rama (O Temple, 2003), defensa central formado no Club desde o Benxamín B e que acaba de proclamarse Campión de España co Xuvenil A, asinou esta mañá na sede do Real Club Deportivo o contrato profesional que o vincula ao Club até 2024.

Ademais de Barcia, Pablo Pérez Garaboa (A Coruña, 2004), dianteiro en idade xuvenil procedente do Ural, co que esta temporada xogou en Liga Galega e División de Honra, após militar con anterioridade en Oza Juvenil e Atlético Coruña Montañeros, incorpórase ao RC Deportivo para o tres próximas temporadas.