RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Dani Giménez e Quique González viron superior ao Córdoba en fases do encontro

Dani Giménez e Quique González foron os portavoces do vestiario do Deportivo no Arcángel.

O porteiro deportivista, un dos destacados do encontro, recoñeceu que Dépor "viuse superado polo Córdoba, tanto con menos xogadores como con 11. Ao final ese sabor de 2 puntos perdidos por ese gol nos últimos minutos. Toca aprender dos erros e a pensar no próximo partido en casa".

Dani lembrou que o Córdoba "en casa é bo equipo. Quizais non está a ter moita sorte. Sempre vai por detrás no marcador e costa nesta división remontar. Hoxe foron superiores. Non hai que darlle máis voltas. O equipo ten que ver o que fixo mal e mellorar o seguinte partido".

Non quixo entrar en valorar a actuación do colexiado: "Somos todos humanos e fállase; agás que moitas veces teñen que ter un pouquiño máis de man esquerda, para manexar certos momentos que estás cunha tensión moi grande. Eles tamén a sofren. Borja é un buenazo. Moitos o coñecedes. Nunca rompeu un prato". "Borja ten que aprender disto. Non darlle moitas voltas e xa está", concluíu.

Tamén Quique González, goleador de novo, coincidiu con Dani Giménez e viu mellor ao rival: "Empezamos o partido con ese gol. Eles tiveron fases do partido que foron superiores, metéronnos alí atrás con tiros e demais".

O pichichi deportivista tamén opina que "non soubemos xestionar ese 0-1 co que nos puxemos tan axiña. Pero é verdade que tivemos nosas 3 ou 4 ocasións moi claras e podiámosnos marchar con 0-2".

Non quixo falar do colexiado, pero pide agora "analizar o que fixemos futbolísticamente para crecer. Somos un Club moi grande e témonos que quedar só co futbolístico".