RCD / NOVAS
Datos sociais do Real Club Deportivo ao peche da Temporada 2020-2021

O peche da Temporada 2020-2021 deixa unha serie de cifras destacadas que revelan, un ano máis, o gran respaldo que sustenta ao Real Club Deportivo, personalizado especialmente nas súas socias e socios.
Dous datos plasman o incomparable apoio do Deportivismo ao seu equipo e ao Club despois da dura situación vivida á conclusión da campaña 2019-2020 e ás restricións de acceso para a temporada 2020-2021.
O primeiro, o número total de abonados (22.411), marca histórica da terceira categoría do fútbol español e cifra que supera a 32 dos 42 equipos de Primeira e Segunda División. O segundo, o enorme número de altas (3.255), cantidade só superada nas dúas últimas décadas polas últimas catro temporadas na división de honra (2014-2018) e o último curso dos vinte consecutivos na mesma (2010-2011).
Na distribución por xénero dos 22.411 abonados, 4.245 dos mesmos son mulleres, é dicir, un 19 %, o que supón practicamente unha quinta parte. Os homes suman 17.154, ou o que é o mesmo, algo máis de tres cuartas partes (76 %), mentres que o 5 % restante corresponde a 786 empresas e 226 penas.
O uso das novas tecnoloxías para a xestión dos carnés alcanzou o seu punto culminante esta temporada debido á pandemia pola obrigada atención telemática ás persoas abonadas. Tramitáronse preto de 20.000 abonos online, o que supón case un 87 %, polas algo menos de 3.000 xestións realizadas na OAD, pouco máis dun 13 %, xusto ao revés que nos anos precedentes, desde que, en 2014 se implementou esta modalidade de xestión.
Marathón foi a bancada con maior número de socios, 6.045, aínda que a de maior porcentaxe de ocupación foi Pavillón, cun 71,5 % polo 66,6 % da bancada da torre. O sector con maior cantidade de abonados e con maior porcentaxe de ocupación é Marathón Inferior, con 3.689 socios e un 89,4 %.
A cidade da Coruña concentra, cun total de 13.255, o 59 % dos abonados. A provincia acumula 7.067 máis, sendo os concellos máis fieis Oleiros, Culleredo (ambos con algo máis de 1.000 socios), Arteixo e Cambre (por encima de 700). Lugo preséntase como a provincia máis deportivista fóra da Coruña, con 468 abonados, mentres que Pontevedra suma 393 e Ourense queda en 211, o que supón que o Real Club Deportivo conta con máis de 1.000 socios das outras tres provincias galegas.
O resto de España alberga a 815 abonados branquiazuis. Madrid (313) e Barcelona (104) son as provincias con máis socios deportivistas. Huesca e as cidades autónomas de Ceuta e Melilla son as únicas sen socios branquiazuis.
CCAA | PROVINCIA | ABONADOS | ||
GALICIA
|
15 | A CORUÑA | 20.322 |
21.394
|
27 | LUGO | 468 | ||
32 | OURENSE | 211 | ||
36 | PONTEVEDRA | 393 | ||
ANDALUCÍA
|
4 | ALMERÍA | 3 |
64
|
11 | CÁDIZ | 6 | ||
14 | CÓRDOBA | 2 | ||
18 | GRANADA | 6 | ||
21 | HUELVA | 3 | ||
23 | XAÉN | 6 | ||
29 | MÁLAGA | 14 | ||
41 | SEVILLA | 24 | ||
NAVARRA | 31 | NAVARRA | 13 | 13 |
ASTURIAS | 33 | ASTURIAS | 30 | 30 |
CANTABRIA | 39 | CANTABRIA | 6 | 6 |
CASTELA A MANCHA
|
2 | ALBACETE | 2 |
19
|
13 | CIDADE REAL | 2 | ||
16 | CONCA | 4 | ||
19 | GUADALAXARA | 4 | ||
45 | TOLEDO | 7 | ||
CASTELA E LEÓN
|
5 | ÁVILA | 1 |
84
|
9 | BURGOS | 5 | ||
24 | LEÓN | 26 | ||
34 | PALENCIA | 6 | ||
37 | SALAMANCA | 14 | ||
40 | SEGOVIA | 4 | ||
42 | SORIA | 3 | ||
47 | VALLADOLID | 19 | ||
49 | ZAMORA | 6 | ||
CATALUÑA
|
8 | BARCELONA | 104 |
117
|
17 | XIRONA | 7 | ||
25 | LLEIDA | 4 | ||
43 | TARRAGONA | 2 | ||
COMUNIDADE VALENCIANA
|
3 | ALACANTE | 18 |
49
|
12 | CASTELLÓ | 7 | ||
46 | VALENCIA | 24 | ||
ESTREMADURA
|
6 | BADAXOZ | 1 |
4
|
10 | CÁCERES | 3 | ||
ILLES BALEARS | 7 | ILLES BALEARS | 22 | 22 |
ILLAS CANARIAS
|
35 | AS PALMAS | 17 |
24
|
38 | TENERIFE | 7 | ||
A RIOXA | 26 | A RIOXA | 5 | 5 |
MADRID | 28 | MADRID | 313 | 313 |
MURCIA | 30 | MURCIA | 4 | 4 |
ARAGÓN
|
22 | HUESCA | 0 |
5
|
44 | TERUEL | 1 | ||
50 | ZARAGOZA | 4 | ||
PAÍS VASCO
|
1 | ÁLAVA | 7 |
56
|
20 | GUIPÚZCOA | 10 | ||
48 | BISCAIA | 39 | ||
CEUTA | 51 | CEUTA | 0 | 0 |
MELILLA | 52 | MELILLA | 0 | 0 |
22.209 |
Fóra de España, o RC Deportivo conta con 202 socios repartidos en 25 países de tres continentes: Europa, América e Asia. Suíza (60) e Reino Unido (43) son as nacións máis deportivistas dunha lista na que se atopan as distantes Xapón (2) e Singapur (1).
PAIS | ABONADOS | |
1 | SUÍZA | 60 |
2 | REINO UNIDO | 43 |
3 | ALEMAÑA | 14 |
4 | PANAMA | 14 |
5 | ITALIA | 11 |
6 | FRANCIA | 9 |
7 | EEUU | 8 |
8 | MEXICO | 6 |
9 | PAISES BAIXOS | 6 |
10 | ARXENTINA | 5 |
11 | IRLANDA | 4 |
12 | AUSTRIA | 3 |
13 | VENEZUELA | 3 |
14 | BELGICA | 2 |
15 | BRASIL | 2 |
16 | JAPON | 2 |
17 | PORTUGAL | 2 |
18 | CHILE | 1 |
19 | CROACIA | 1 |
20 | LITUANIA | 1 |
21 | LUXEMBURGO | 1 |
22 | REPUBLICA CHECA | 1 |
23 | SINGAPURA | 1 |
24 | SUECIA | 1 |
25 | URUGUAI | 1 |
TOTAL | 202 |
En canto á idade dos abonados, o número máis alto segue concentrándose na franxa de 30 a 39 anos, con 4.158 socios, o que alcanza o 18,6 %. A idade con maior cantidade de abonados son os 39 anos, cun total de 478.