RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

David Simón: "Parece que collemos esa chispa. Demos un paso adiante"

David Simón asegurou esta mañá na sala de prensa de Abegondo que, "agora que chegan partidos importantes, hai que seguir así, con esa confianza que volvemos a coller".

O lateral canario indicou que o pasado domingo en Xixón, "nun partido duro, xogamos as nosas armas moi ben. Soubemos sufrir. Unha maior moral para afrontar este tramo que vén máis duro".

Ante a visita do CD Tenerife este sábado 2 de febreiro a ABANCA-RIAZOR (20:30 horas, LaLiga 1|2|3), David Simón, natural das Palmas e formado na canteira da UD Las Palmas, non o ve na Coruña como un partido especial: "Cando estaba alí se cadra podía ser. Agora é un partido máis onde temos que sacar os 3 puntos, ante un rival moi difícil, que se reforzou moi ben".

Está convencido de que despois dunha primeira volta "que non foi como esperaban, seguramente eles tentarán dar un paso á fronte. Nós centrados en nós, saber que toca gañar en ABANCA-RIAZOR".

Apunta que "temos que estar moi concentrados e seguir a liña que levamos nestas últimas 2 semanas".

De conseguir o triunfo, que sería o terceiro consecutivo, o defensor branquiazul advirte que "é moi complicado en Segunda conseguilo. Este pode ser o momento. É un tramo no que hai que sacar puntos. Pode ser hora de conseguir esa vitoria".

Iso si, reitera que a Segunda División "é moi longa. Pode haber empates ou algún partido como o do CD Lugo aquí que non entra a pelota. Pero hai que estar tranquilo. Parece que collemos esa chispa, demos un paso adiante e este é o camiño. Oxalá podamos conseguir unas cantas vitorias consecutivas. Hai que pensar primeiro no partido do sábado, que é o que vén. E logo xa se verá".

Non ten présa David Simón por estar nas prazas de ascenso directo: "Estamos ben situados. Sempre hai que estar aí e no momento xusto dar ese paso para conseguir o obxectivo de estar nos postos de ascenso directo".