RCD / NOVAS

David Simón será intervido cirurxicamente mañá martes no Porto

11/11/2019 11:55

O xogador do Real Club Deportivo David Simón será intervido cirurxicamente mañá martes 12 de novembro no CUF Porto Hospital dun cadro pubálxico que o mantén á marxe dos adestramentos de grupo.

A intervención será realizada polo Dr. Carlos Magalhaes, que estará acompañado polo doutor Ramón Barral e o fisioterapeuta do Club Daniel Varela.

David Simón permanecerá ingresado 24 horas e regresará á Coruña acto seguido para iniciar o seu proceso de recuperación.

Máis novas de: DAVID SIMÓN