RCD / NOVAS

De Guzmán, con Canadá, e Lassad con Tunes, dous novos internacionais convocados polas súas Seleccións

A incongruencia dos calendarios internacionais fai que Canadá e Chipre programasen un partido internacional amigable en Larnaca o sábado 30 de maio, coincidindo xusto co partido de Liga do Deportivo en Riazor ante o Barcelona. De Guzman foi citado para ese encontro de Canadá e o centrocampista do Dépor, con permiso do corpo técnico, se incorporó xa hoxe luns á concentración do seu equipo nacional.

25/05/2009 12:06

Así mesmo, Lassad foi preconvocado para dous partidos con Tunes, clasificatorios para a Copa de África e para o Mundial 2010 de Sudáfrica. Os encontros son o 6 de xuño en Tunes ante Mozambique e o 20 de xuño, tamén en Tunes, fronte a Nixeria.

A pasada semana, o Club recibiu as citacións de Bodipo, Gardado e Ze Castro. Así, Bodipo disputará con Guinea Ecuatorial un amigable en Talin ante Estonia o próximo 6 de xuño. O dianteiro deportivista é o gran abanderado da súa Selección.

Pola súa banda, Ze Castro foi preconvocado para dous partidos con Portugal, ante Albania en Tirana o 6 de xuño, clasificatorio para o Mundial de Sudáfrica 2010; e fronte a Estonia en Talin, amigable. Nos próximos días, o Seleccionador portugués, Carlos Queiroz, dará a lista definitiva de convocados.

Por fin, Andrés Gardado disputará con México dous partidos oficiais clasificatorios para o Mundial de Sudáfrica 2010. O 6 de xuño enfróntase ao Salvador na capital salvadoreña; e o 10 de xuño, o rival de Gardado e o resto do combinado mexicano será Trinidad e Tobago en México D.F. Gardado viaxará á concentración tras finalizar o choque ante o Barcelona.

Máis novas de: BODIPO, DE GUZMAN, ZÉ CASTRO, GUARDADO

RCD / Noticias Relacionadas

20/08/2013 14:21 |

Zé Castro: Sinto moito respecto e ata admiración polas persoas que dirixen o Club

var ivPlayer644525 = new IVPlayer("350", "263",false, "http://www.canaldeportivo.tv/", "/i/player/1342b.gif",IVPlayer.TYPE_JWPLAYER4, "/i/player/skin-depor.swf"); ivPlayer644525.playVideo('player644525', 'rp_zecastro_abegondo_20-08-2013.flv', false); Coa elegancia que destila a súa fútbol, así puxo Zé Castro esta mañana na sala de prensa do Mundo do Fútbol punto e final á súa traxectoria deportiva, después de cinco tempadas. A súa saída, como a de Bruno Gama e Assunçao, foi imposta pola administración concursal.

13/08/2013 20:16 |

'A administración concursal obríganos á saída de Bruno Gama, Assunçao e Ze Castro'

O Presidente Lendoiro, acompañado do seu Consello de Administración, desveló que "a Administración Concursal obríganos á saída de Bruno Gama, Assunçao e Ze Castro". Además, Luisinho, que pasó recoñecemento médico de maneira satisfactoria na Coruña ao longo de hoxe martes, sóo está pendente da firma da Administración Concursal. var ivPlayer1908629 = new IVPlayer("350", "63",false, "http://www.canaldeportivo.tv/", "/i/player/1342b.gif",IVPlayer.TYPE_JWPLAYER4, "/i/player/skin-depor.swf"); ivPlayer1908629.playVideo('player1908629', 'rp_lendoiro_club_13-08-2013.flv', false);