RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

O Dépor Genuine visita o Hospital coruñés de Oza e constata a gran relevacia da Fundación como axente de cambio social

O corpo técnico do Deportivo Genuine, xunto a 3 dos seus xogadores (Senén Fernández, María del Carmen Durán e Miguel Rivas), pasáronse polo Hospital de Día de Psiquiatría de Oza.

O obxecto desta visita foi a de compartir experiencias, momentos e coñecementos sobre deporte, inclusión e diversidade. 

Durante o evento, de máis dunha hora de duración, tratáronse temas como os plans competicionales do Dépor Genuine, a importancia do deporte para as persoas con diversidade funcional e o papel do fútbol como axente de cambio social.

Os asistentes puideron comprobar a gran relevancia do RC Deportivo como axente de cambio social a través da súa Fundación, que ten o firme compromiso de cumprir cos obxectivos relacionados coa comunidade e o benestar social.