RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Adrián Guerrero asegura que o Dépor "está a facer unha aposta pola canteira moi clara"

Adrián Guerrero pasouse esta mañá pola sala de prensa de Abegondo.

Asegura que o Club "está a facer unha aposta pola canteira moi clara. Así se ve con todos os compañeiros da canteira que chegaron arriba. É un incentivo para dalo todo e poder estar aí con eles".

Ás ordes de Óscar Gilsanz estes días, confesa que "é un soño estar a adestrar co primeiro equipo despois de 11 anos e pasar por todas as categorías do fútbol base. Estou con moita ilusión para axudarlles no que sexa".

Iso si, apunta que se logra o premio do debut co Dépor "estou con moitas ganas para facelo o mellor que se poida".

Guerrero afirma que "o cadro do primeiro equipo é súper acolledor. Desde o primeiro momento acóllenche súper ben. Son un grupo excepcional".

Defínese como "un extremo que encara, que vai cara a adiante e que busca crear situacións de perigo en todo momento".

Finalmente o canteirán fixo balance da temporada do Fabril, que caeu co UCAM Murcia CF na primeira eliminatoria de ascenso a Primera Federación: "O play off foi un premio á temporada que fixemos. É unha final, aínda que fose unha semifinal. Tentamos facelo o mellor posible. Non se deu". 

Tamén promete seguir aos xuvenís na Final Four de Ponferrada: "Teñen un equipazo e oxalá que cheguen o máis lonxe. Estou seguro que o van a facer".