RCD / NOVAS

"Decano do 46", cartel do LXXIII Trofeo Teresa Hererra

29/10/2018 19:12

Reunido o martes 23 de outubro ás 19:06 na sede do Real Club Deportivo (praza de Pontevedra, 19 1º) o xurado do Concurso do Cartel Teresa Herrera 2018, formado por José González-Dans, director corporativo do Real Club Deportivo, Borja Calvo, director de imaxe do Real Club Deportivo, José Manuel Sande, concelleiro de Cultura e Deportes do Concello da Coruña, Jaime Perozo, coordinador de patrocinios deportivos de Estrela Galicia e o deseñador, autor do anterior cartel do Teresa Herrera, Antón Lezcano, e actuando como secretario do xurado o director de comunicación do Club, Gabriel Barrós, a obra seleccionada como gañadora, entre as 18 recibidas, é o titulada "Decano do 46", presentada por Duacode SL.

O premio ao cartel elixido, ademais de pasar á historia dun dos grandes símbolos da cidade, como é a historia do Trofeo Teresa Herrera, serán 2 abonos de bancada do Real Club Deportivo para a Temporada 2018-2019 ou 2019-2020 e a participación en todos os actos protocolarios do Trofeo Teresa Herrera 2018 (recepción municipal con entrega dos carteis ao Concello e os equipos participantes, comida oficial, asistencia ao Palco de Honra e entrega do Trofeo).

O Real Club Deportivo quere felicitar aos gañadores e agradecer sinceramente a todos os participantes o seu traballo e iniciativa para participar neste concurso.