RCD / NOVAS

Dépor e Watford acordan a finalización da cesión de Costel Pantilimon

31/01/2018 17:50

O Real Club Deportivo e o Watford alcanzaron un acordo para pór punto final á cesión do porteiro internacional romanés no Deportivo, onde chegara a principio desta temporada.

O Real Club Deportivo quere agradecer a Costel Pantilimon o seu traballo e profesionalidade durante os meses que defendeu a camiseta do Dépor, desexándolle o mellor no seu futuro profesional e persoal.

Máis novas de: PANTILIMON